Friday 10 de May de 2024

O Concello de Miño abre o prazo de solicitude de subvencións para a promoción e o desenvolvemento de festivais musicais


• A contía total das axudas será de 11.000 euros, podendo alcanzar ata un 80% do orzamento total.

• O prazo de solicitude para acceder ás axudas manterase en vigor ata o próximo 8 de novembro.

O Boletín oficial da provincia da Coruña publica hoxe a apertura do prazo de solicitude das axudas destinadas á promoción e desenvolvemento de festivais musicais convocadas polo Concello de Miño.
A través desta convocatoria, as persoas solicitantes poderán acceder a unha axuda cun montante total de 11.000 euros, podendo alcanzar un financiamento máximo do 80% sobre o orzamento total do evento.

Os gastos subvencionables deben ser efectuados durante o ano 2022 e correspóndense con contratacións externas de servizos vinculados á organización do evento, curmás de seguros, difusión do festival e alugueiro de equipos.

As persoas interesadas en acceder a esta axuda poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro municipal achegando a documentación requirida ata o próximo 8 de novembro.